Parque da Canuda. Salvaterra on PhotoPeach
O pasado xoves amencimos moi ilusionados, pois era a nosa primeira excursión un pouco longa. Fomos ao parque da Canuda, en Salvaterra, á beira do río Miño, enfrente de Portugal. Foi un día moi caluroso, pero cheo de emocións. Observamos algún animais, algúns xa coñecidos porque os vimos na clase, coma o pavo real. Tamén galiñas e galos, pombas, canarios, periquitos e loriños... Tivemos moita sorte cos pavos, porque deberon alegrarse ao vernos e empezaron a extender as súas bonitas e coloridas plumas e a saudarnos cos seus berros e cantos. Quedamos abraiados!!! Tamén percorrimos o circuito de educación vial, eso sí, a pé. Logo xogamos moito tempo no parque.
Con tanta actividade e calor, chegamos ao cole moi cansos e con gañas de durmir a sesta. En fin....pasámolo pipa.
Comentarios
Publicar un comentario