O 28 de maio fomos ao teatro Caixanova a ver a obra: "El gallo de la veleta". Encantounos a historia do galo que era o xefe do galiñeiro e do seu sobriño "o polo Leopoldiño". Saiu do galiñeiro para ver mundo e coñeceu a montaña, o río, o bosque e o mar. Aínda que lle costou moito, aprendeu que cando tentamos facer algo, con esforzo e tenacidade podemos conseguir o que desexemos.
Todos quedamos encantados con esta sinxela, pero fermosa interpretación.
teatro caixanova on PhotoPeach
Comentarios
Publicar un comentario