NARIZ FELIZ E A RULETA POETA

 Hoxe é mércores, 28 de abril de 2021, San Prudencio (a ver se nos bendice e temos moita, que se necesita toda nestes momentos difíciles). Xa queda un día menos, campións.

Propóñovos un conto e unha actividade moi poética. Espero que vos gusten moito.

A profe Yoli, moi amablemente, gravoume para poder facervos chegar estes 2 videos. Graciñas, profe Yoli.

O conto titúlase "nariz feliz". Trata dunha cenoria que estaba un pouco triste e deprimida porque non era importante, era unha actriz secundaria e ela quería ser a protagonista....e un día.....

                          CONTO: "NARIZ FELIZ"


Agora  outro video coa actividade. Na ruleta da clase agora hai verduras e hortalizas que vós xa coñecedes. 

Fixádevos ben no video, porque hai unha verdura que eu non lembro como se chama. Cal é?

Cada neno e nena tedes que facer unha frase usando o nome da verdura que vos toque en sorte na ruleta e outra palabra que rime con éla.

Por exemplo:  

                                 "cando cortei a cebola, 

                   empecei a chorar como unha amapola"

Veña, animádevos e mandádeme un video cos vosos pareados....estou desexando escoitalos. Tamén podedes escribilos nun folio ou cartolina e facer un bonito debuxo....mandade foto.


                                 A RULETA POETA



E agora, os vosos primeiros traballiños...

Nora enviou unha foto do seu traballo. Encantáronlle os xogos novos que subín ao blog e adiviñou todas as palabras do aforcado. Tamén fixo un debuxo chulísimo da col lombarda. Mirade que bonita

                                           


E Ángel  traballou moito nas fichas que lle mandei a casa, xa que levaba varios días sen poder ir ao cole. E, ademais fixo investigación de varias verduras: cebola, pepino, leituga e cenoria. Como sempre...un traballador





Tamén estivo xogando ao aforcado e ao xogo de parellas verduleiro no seu pc



 Pois nada máis. Ata mañá. Vémonos na videoconferencia....sen máscara.


Comentarios