Luns, 26 de abril de 2021.
Ola de novo, temos que volver ao blog de xeito diario, porque estamos de novo "confinados"...pero desta vez por pouco tempo, ou eso espero. Ante todo, desexarvos a todos-as que estedes ben de saúde e que o levedes o mellor posible.
Tentaremos que os peques non perdan de todo o ritmo e que teñan algo que facer cada día e, sobre todo que sigan interactuando cos compis e coas profes. Tamén propoño que fagamos, se pode ser a diario unha pequena videoconferencia para falar un pouco, repasar algunhas cousas xuntos e, sobre todo, para interactuar entre eles e coas profes. Para elo descargade a app oficial da Xunta, que tamén a usamos no cole os profes para videoconferencias cando temos reunións. A app chámase Cisco webex meeting e podedes instalala tanto no pc como no móbil ou tablet, Eu organizarei as reunións e mandareivos os datos da mesma e un código de acceso para que poidades entrar como invitados. Espero que poidamos facelo todos e que resulte positiva esta actividade. A ver se podemos organizar unha xa o mércores.
Hoxe imos facer un repasiño do proxecto que estamos a traballar na clase, sobre as verduras e hortalizas.
Repasamos as fichas que xa fixemos, as que quedan prefiro traballalas na clase cos pequenos.
Lede cos nenos a palabra, que a repitan, palmeamos as sílabas, que a escriban nun folio, contamos as letras e escribimos o número, que fagan un debuxo da mesma e o coloreen. Por que letra empeza cada unha? Se tedes na casa algunha delas que a toquen, de que cor é, que textura ten, que forma, tamaño....
Comentarios
Publicar un comentario