Powered By Blogger

SEMENTAR, SEMENTAREMOS...

 Ola de novo. Hoxe é xoves, 8 de abril de 2021.


SEMENTES DE LEITUGA

SEMENTES DE PIRIXEL


Hoxe tocou sementar pirixel e leitugas. Aprenderemos que necesitan terra, auga, sol e, sobre todo moito mimo, que son de diferentes cores e formas, que os animais tamén se alimentan delas e tamén axudan na súa reproducción (miñocas ou lombrices de terra, abellas, aves, algúns insectos como as xoaniñas..), que, como nós, aliméntanse, beben, repiran, crecen e reprodúcense, que teñen un "corpo" con diferentes partes (raíces, talo, follas, flores). 

Tamén aprenderemos cousas sobre a primavera e os cambios que se producen na natureza en cada estación. Centrarémonos nas verduras e hortalizas, tan necesarias para unha alimentación diaria equilibrada, pola fibra, as vitaminas e minerais que nos aportan. 

Iremos coidándoas a diario e veremos como empezan a emerxer da terra esas novas plantiñas. A ver se nos crecen moito e, quen sabe, tal vez poidamos preparar unha rica ensalada ou unha deliciosa pizza vexetal coa nosa colleita.....que emoción!!!!

Aquí vai un video de fotos da nosa sementación. A música é unha canción (nana) moi bonita titulada 

         "nana del perejil" de Francisco Rodríguez.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES