Hoxe é venres, 26 de febreiro de 2021.
Esta semana tamén nos iniciamos na robótica co noso rato robot, que fai todo o que lle mandamos. Xa o coñecían un pouco do curso pasado, pero este curso estamos a perfeccionarnos, porque xa contamos moi ben e coñecemos máis números. Fixemos un panel de dinosaurios con números ata o 6 e das súas pegadas.
Empregamos o panel, un dado, o queixo e a nosa ratona, que por certo, é unha chica (as nenas son maioría e todas votaron que fora unha femia). Tamén eliximos ao chou unha letra e saiu a N, polo que o nome tiña que empezar por N. Xogamos a unha choiva de ideas de nomes e saiu por maioría Nieves, cariñosamente, "Nievitas". Agora comezamos a mandarlle ordes a Nievitas. Os afortunados "xefes" de hoxe foron:
Uxía, Sara e Enzo.
UXÍA
SARA
ENZO
Con esta actividade, ademáis de reforzar os conceptos numéricos (número, grafía do número e asociación coa cantidade), axudando a interiorizalos, aprenden a planificar as súas accións e traxectorias, reforzan a lateralidade e adquiren conceptos espacio-temporais básicos e, o máis importante, adquiren maior seguridade en sí mesmos. Pouco a pouco aprenderán a planificar traxectos máis complexos, ampliando o panel e logo todo o percorrido dando todas as ordes seguidas ata chegar á meta.
Esta experiencia encántalles, estiveron todos moi atentos e desexando ser moi pronto os Xefes. Seguiremos a semana que ven.
Boa fin de semana para todos. Unha aperta forte.
Que actividades más chulas y súper didácticas para los peques!!
ResponderEliminar