Powered By Blogger

O RESCATE DE MOPITA: PRIMEIRA PARTE

 Xoves, 3 de febreiro de 2022

Hoxe, por fín, comezamos a buscar a Mopita. 

Estamos tan emocionados!!!! Xa estamos máis cerca de coñecer ao mellor amigo de Rarapata.

Descubrimos 4 das 6 pistas-retos que nos deixou o pirata máis malvado e maleante, Caramoco.

Pasámolo xenial e estamos no camiño de conseguir superar en equipo este novo reto de busca do tesouro.

COMEZAMOS...

Recibimos unha botella pirata que apareceu no estante da biblioteca da clase. Pensamos que era de Rarapata, pois estaba decorada con moitos corazóns. Nela había 2 papeis: a carta de Rarapata pedindo a nosa axuda e o "mapa do tesouro". Tamén había 6 cunchiñas numeradas do 1 ao 6, pero non sabiamos moi ben para que eran. Sara pensou que eran os números da chave segreda para abrir a gaiola de Mopita. Pero eran demasiados números, polo que pensamos que era un número para cada enigma.





MAPA DO TESOURO CON INSTRUCCIÓNS



Tamén nos chegou unha carta sucia e mocosa, de Caramoco, dende a illa dos Mocos Verdes, coas instruccións para recuperar a Mopita e as súas peticións de rescate





Unha vez lidas todas as misivas, procedimos a resolver os 4 primeiros enigmas que ordeou Caramoco.   

ENIGMA 1: O BAÑO

Resolto por Emma, Sara e Felipe que atoparon a peza número 1 do puzzle






ENIGMA 2: O COMPUTADOR DA AULA

Que resolveron Nora e María. Xa temos a segunda peza 




ENIGMA 3: A NOSA TENDA

Resolto por Ali e Thaila, que atoparon a terceira peza do quebracabezas



 

Xa temos as 3 pezas necesarias para formar a imaxe completa de Mopita. Xuntos montamos o quebracabezas.












ENIGMA 4: A  MESA SENSORIAL
                                                            
 Resolto por Damián, que atopou a sílaba PI, da palabra MOPITA
                                           






Xa estamos moito máis cerca....próximamente, a segunda parte......., seguro que atopamos ao noso amigo san e salvo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES