Domingo, 27 de febreiro de 2022
Durante toda esta semana celebramos o Entroido. Comezamos coas ordes do Meco, que nos ía ordeando traer cousas dos peregrinos. Un día o gorro ou sombreiro, outro o calzado, o chubasqueiro e o bastón (bordón), o zurrón...e así fomos acumulando de luns a xoves, a vestimenta completa.
Logo.....FESTA RACHADA NO PAVILLÓN!!!
Para rematar a festa, no pavillón xuntámonos todos e puidemos ver os disfraces dos compis do cole, tamén dos maiores, e éles a nós. Animados polos estupendos BARAFUNDA, pegámonos uns bailes moi divertidos e, como era festa, non nos importaba se o faciamos ben ou mal, o importante foi que o pasamos moi ben.
A próxima semana máis....o cumple de Valeris e a elaboración do noso gran barco pirata. Ah, tamén empezamos a nosa plantación no horto...
Pasádeo ben durante estas minivacacións. Vémonos o xoves, xa en marzo..😮
Comentarios
Publicar un comentario