PROXECTO DINOSAURIOS: REMATADO

 Hoxe é venres 26 de marzo de 2021.

Por fin rematamos o noso proxecto do segundo trimestre: "unha ollada aos dinosaurios"


Quedou chulísimo e aprendimos unha morea de cousas sobre os dinos, pero, sobre todo, pasámolo xenial aprendendo.

Durante todo o trimestre fixemos moitas actividades e obradoiros:  busca de ósos e de fósiles, colgantes de fósiles con pasta de modelar,  xogamos coa ratona Nievitas a contar dinos, con dinos de xoguete de diferentes tipos e tamaños, con moldes de plastilina das súas formas, con realidade aumentada, e un traballo individual de fichas para aprender moito sobre eles que completamos con un mural coa información e o vocabulariomáis importante e, sobre todo, os traballos tan chulos e impresionantes que fixestes na vosa casa. Para rematar, fixemos unha bolsa chulísima de papel que decoramos para levar os nosos traballos.




















E agora, un video con diapositivas das fichas do proxecto xa rematado. Espero que vos guste. Un bico enorme.




Moi boas vacacións de Semana Santa.












































































































































Comentarios