Powered By Blogger

PRIMER DÍA NA BIBLIOTECA

 Hoxe é venres, 5 de marzo de 2021.

O martes fomos dos primeiros en inaugurar este curso a biblioteca do cole.  Estaban tan emocionados como se foran unha excursión. A profe Montse, unha das encargadas da biblioteca, ensinounos a nova biblio, con moitísimos cambios, tanto en mobiliario como en materiais. Agora hai moitas máis cousas para xogar e aprender: libros, robots, puzzles, unha sala nova para relaxarse...e moitísimas novidades. 

Para poder entrar, primeiro tivemos que coller a nosa entrada, como no cine. Logo, cando chegamos, falando baixiño, tivemos que entregar a nosa entrada (ticket) para poder entrar. Lembramos ao rato Pérez e a Castelao, que era un escritor galego que da nome á nosa biblioteca. Vimos os novos estantes e a súa organización por cores e temáticas e sentámonos nuns sofás super chulos e comodísimos, para así poder ler moi a gustiño. Tamén nos agasallaron cunha bolsiña de chuches, pouquiñas, para que o rato Pérez non se enfade moito, pois non quere dentes con caries.






                                                                           































Esto é todo por hoxe. Boa fin de semana


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES