Powered By Blogger

BUSCAMOS OVOS DE PASCUA

 Venres, 26 de marzo de 2021.


Hoxe viñemos super ilusionados ao cole, pois xa tiñamos preparados todos os traballos do noso proxecto do trimestre para levalos para a casa e, ademais, iamos buscar ovos de Pascua (de chocolate) que estaban escondidos no parque do areeiro. Miña Nai!!!, que emocionados e desexosos de atopar unha morea de oviños e figuriñas de chocolate. Había oviños de cores, uns paxariños e xoaniñas, en total escondimos preto de 40 figuriñas. 

Había unha regra moi importante: os nenos-as que atoparan moitas terían que compartir cos nenos que non atoparan ningunha figura....porque somos compis e temos que ser solidarios. Todos atoparon algún, aínda que houbo compis que atoparon moitísimos.....pero compartiron como bos amigos. 

Fixérono moi ben e pasárono de marabilla.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES