Powered By Blogger
Boas  rapazada, como estades hoxe?  espero que animados.
Hoxe é xoves, 5 de xuño de 2020, día de San Francisco.

                                 

Seguimos a facer cousiñas, que aínda non empezaron as vacacións.
Veña, que xa queda pouquiño!

A profe Tamara, de Audición e Linguaxe, que se incorporou estes días despóis de ser mamaá, déixanos este video de Tamara Chubarovsky, unha canción xesticulada. 
Un bico enorme para a profe Laura que estivo con nós ata este momento e fíxoo de marabilla. 
A ver se vos gusta a  canción de "el pollito"


POLIÑO      POLLITO     CHICK





Eu mándovos este video de adiviñas de animáis



          E agora imos cos vosos videos e fotos.

                                                               NORA

Comezamos con Nora  que nos mandou varias fichiñas. A Nora encántanlle  os arcos  da vella e facer moitos agasallos ás persoas que quere. Desta vez fixo un debuxo para o seu avó que estivo de aniversario. Felicidades avó de Nora.



                                                


 


e  o  puzzle  do  dinosaurio

                                  


                                                                   ÁNGEL
Ángel  tamén enviou un montón de cousas e uns videos moi divertidos.



 

Tamén elaborou unha familia completa de preciosas  xoaniñas con materiais  de desfeito que tiña na súa casa: bote de cacao, ovos, pintura, cartolina....



                                       Mirade que chulada



Neste video explícanos o que fixo.

                                   

E, moi simpático e emocionado con unha das súas xoaniñas cantando a canción "señora de la suerte, la mariquita"

                                   

                                   MARÍA

María tamén nos enviou moitos traballiños e un video moi chulo xogando á mariquitilla. Mirade que ben o fai. Encántame este xogo. Podedes facelo na vosa casa ou un circuito de números, letras, debuxos, etc. Seguro que o pasades xenial e facedes algo de exercicio.





 




                          NAYAT

Nayat mandounos unha foto facendo o seu primeiro castelo de area na praia. Quedoulle  xenial e seguro que o pasaou moi divertido. Pero eso non parece un castelo....parece unha fortaleza, non si?



E tamén está a colorear o seu "libro personalizado", seguro que che queda xenial Nayat.



Esto é todo por hoxe. Mañá ensinareivos  un video moi chulo de unha carreira de ................un animal que empeza pola letra C  e que é moi, pero que moi   LENTO. 
Sabedes de que animal se trata?  se non o adiviñades teredes que esperar a mañá pola tarde.

Un bico enooooooorme. Quérovos e bótovos moito de menos. Vémonos pronto. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES