Powered By Blogger
Boas tardes, nenos e nenas.



hoxe é mércores, 3 de xuño de 2020. Celébrase Santa Clotilde e o  Día  Mundial da  Bicicleta, ese medio de transporte que é tan bo para a nosa saúde e tamén para a do Medio Ambiente. Este estupendo medio de transporte apareceu a mediados do século XIX.  O primeiro modelo foi feito en Alemaña e era de madeira, pero non resultou moi exitosa, póis había que movela cos pés. No ano 1861, a Ernest Michaux ocorréuselle poñerlle  pedáis e, a partir dese momento coñécese a bicicleta e foise mellorando cos anos. 

Gústanvos as bicicletas? Vós xa tedes unha bici? Sabedes por que letra empeza a palabra   BICICLETA?  Conta  as  súas  letras.
Que forma teñen as rodas? cantas rodas ten unha bici? e cantos pedais? como se chama o sitio que teñen as bicis para sentarse? Poderías debuxar unha bicicleta? 
Dicen que cando aprendes a andar en bici,  nunca, nunca, te olvidas como se anda nela. Terei que probar outra vez.
BICICLETA


A  profe Jessie, envíanos estas  actividades:

Action song: "wellcome song"


https://drive.google.com/file/d/1nfk410Z_58cRqPiji1IjPpUd74Ez5ikH/view?usp=sharing

https://drive.google.com/file/d/1nb0L1LgC3cJAbEVYXf0rILN09wUQpyiB/view?usp=sharing

( Tarxetas imprimibles para que levanten cada un dos animáis que van saíndo na canción e tamén outros debuxos de animáis para colorear)


"Hickory Dickory dock" (repaso nomes de animáis e os números)




Hoxe  non vos mando tarefa, soamente o de inglés e un video dun xogo moi chulo de axilidade mental no que tedes que estar moi atentos e ser moi rápidos para atopar as diferencias entre 2 debuxos.
                        A ver se vos gusta






Póis agora vamos coas vosas  aportacións.

Ángel  envíanos o labirinto da xoaniña e un video segíndoo co dediño.







                                
Tamén coloreou a  xoaniña  grande con pincel  e cos dedos fixo as manchiñas

                                  


                           E  un video  seguindo a xoaniña  co  seu dedo




Catrina, enviou  tamén algunhas fichiñas  da xoaniña.

 

E, cando estaba a facer as fichas, de súpeto apareceu unha sorpresa na súa casa:  unha  xoaniña correndo por un moble da casa....GUAU...que  sorte!!


 


Póis  esto é todo por hoxe. Envíovos  un bico virtual enorme.                                                      MUAAAAAAA!


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES