Ola rapazada. Que tal o fin de semana?, espero que disfrutarades moito.
Hoxe é luns, 8 de xuño de 2020, día de San Maximino e tamén o día mundial dos oceanos.
Pido desculpas, pois o venres non puiden subir nada ao blog por un pequeno problema persoal, pero xa estou aquí de novo.
Como vos prometera, teño hoxe 2 videos sobre ese animal lento, lento, que leva a súa casiña ás costas e ten cornos que saca ao sol e que gracias á súa baba pode subir e baixar por paredes e plantas sen cair. Ese animal é.........
O CARACOL
Cando vin aos caracois, empecei a lembrar cando era pequena e xogaba cos meus amigos e amigas a facer carreiras de caracois. Cada neno collía un caracol e un trociño de verdura para darlle. Os caracois ían detrás da verdura que moviamos nós ata a meta. O que chegaba antes á meta era o gañador. Era moi divertido facer estas carreiras, pero sen facer dano aos caracois, que aos animáis hai que tratalos moi ben. A ver se adiviñades cal será o caracol campión.
Esta canción de "La pandilla Drilo" seguro que vos vai encantar. Veña....a cantar e a bailar.
E xa para rematar, estas fichiñas: hai lebirinto, grafomotricidade, pegar, recurtar, colorear, contar e escribir os números, un puzzle,,,, A ver se son do voso agrado. Podedes facelas en varios días, non son todas para hoxe, vale?.
DESCARGAR
Póis esto é todo por hoxe. Espero que vos gustara moito.
Un bico enorme

Comentarios
Publicar un comentario