Moi boas tardes rapazada.

Hoxe é martes, 16 de xuño de 2020. Xa estamos a punto de rematar este curso tan raro e tan inesperado. 
Hoxe vouvos propoñer 2 cousiñas: un conto moi especial e con sorpresa (xa a veredes  no video) e algunhas actividades que sei que vos gustan.
Tamén quero que fagamos algo especial para fin de curso, póis é a unica maneira que temos de vernos as caras e, alomenos, despedirnos de algún xeito especial: 
propoño que fagades un debuxo do que máis vos guste, mellor grande para que se vexa ben, con unha frase bonita ou lema de ánimo e de despedida ata o ano que ven. Facédevos unha foto ou un video curtiño co debuxo e o lema e, se é posible dicindo algo para que todos poidamos oílo. Podedes facelo tamén en familia, se vos apetece (saír todos no video ou foto). Penso que sería bonito como despedida, xa que os nenos-as non poden verse ata setembro nin entre eles nin a min. Espero as vosas fotos e videos para facer algo bonito. Moitas grazas.

Ángel mandou unha morea de traballos e cousiñas. Moi ben, como sempre, eres un campión.













Nayat mandounos unha foto montado na súa bicicleta xunto coa súa mamá. Gústalles moitísimo andar en bici e ata teñen unha silla especial para levar a Kylian. Moi ben, andar en bici é un deporte moi bo e completo.



                               

Nora tamén nos manda algunhas cousiñas, pero o que máis lle gusta son os puzzles. Xenial Nora,






Póis agora o video do conto que vos prometín. É un conto que xa o limos na clase, pero que sei que vos gusta moito. Lembrade estar moi atentos para ver a sorpresa inesperada deste conto. Xa me diredes se vos fixo rir moito como a min. Veña, alá vai.


Agora uns puzzles e actividades  variadas para que fagades na casa:






DESCARGAR


Lembrade facer o debuxo e mandarmo canto antes, en foto ou en video, como prefirades.
Un bico moi forte para todos

Comentarios