Hoxe é xoves 14 de maio de 2020. Hoxe é o santo de todos os Matías, as Gemas e as Coras. Coñecedes alguén que se chame así? Felicidades a todos-as.
Atopei un conto que é curtiño e penso que vos vai gustar. Trata de un pirata chamado Policarpo e, se vos fixades, este conto ten moitas P....unha morea delas. Depóis do conto faremos algo que precisan todos os piratas se queren navegar polo mar, que será, será?
ADIVIÑA ADIVIÑANZA
"Diante
a proa,
detrás a popa,
dereita a babor,
esquerda a estribor,
o que non o adiviñe, ao mar en bañador"
Veña PIRATAS, á abordaxe!!
Despóis do conto e da actividade que propoño, quero que pensedes nas cousas que ten o pirata Policarpo. Sinala co teu dediño todas as letras P que vexas nestas palabras
PATA DE PAU POTAXE
PIPA PEPINOS
PAPAGAIO PEMENTOS
POMPAS DE XABÓN PASTEL
PINCEIS PINTURA
PEIXES PINO
Agora as vosas achegas, chulísimas, como sempre, cada día mellor. Grazas
Ángel fixo moitas fichas e quedáronlle xenial.
Tamén fixo o xogo de sopro do verme que se move e con pasta de sopa, garabanzos, papeliños...e unha palliña para soprar. Xenial!!
E , as cores en inglés...sábelas moi ben!!
Nora tamén mandou cousiñas. Algunhas fichiñas e ata un agasallo que fixo para a súa mamá. Moi ben Nora.
E Nayat foi á praia a recoller cunchas, parece que facía moito vento. Que vas facer con elas? Xa nos contarás, Nayat
Xa é todo por hoxe- Mañá volveremos a vernos
Un bico enorme para todos
Quérovos MOITO
No hay comentarios:
Publicar un comentario