Powered By Blogger


Boas  tardes  golfiños e golfiñas.

 Hoxe é  venres 22 de maio de  2020. Celébrase  Santa  Rita  e  o día  internacional  da  diversidade biolóxica.




Mirade  este video tan bonito sobre este día. Está en inglés e tamén subtitulado en español, e ten unha imaxes preciosas sobre a flora e a fauna.



Antes de nada quero recomendarvos que vexades o video da biblioteca do cole sobre o reto das palabras dóces, xa veredes como vos gusta. Pinchade neste enlace

https://docs.google.com/presentation/d/e/2PACX-1vSVPC_33XxrEBpQ8DB3SkepbHeqJkwRa_ee8Qt8S16E0fz_uQFYSpKy01NUdh_zUaEVszMeSVw_1paf/pub?start=true&loop=false&delayms=5000&slide=id.g805bbc5437_0_50


Prepareivos para hoxe 2 videos: o primeiro é un conto  titulado

                                   "todos  hacemos pipí".







O segundo é escribindo e formando con letras magnéticas 2 animais do conto cuxo nome empeza por C, a letra que saiu na ruleta das letras. Entenderédelo despóis de ver  o primeiro video, o  do conto.



Agora  tócavos traballar un pouquiño a vós. Non olvidedes empregar sempre  a  vosa  imaxinación e creatividade. Eu douvos ideas, pero vós podedes facer cambios ou facer algo incrible que ninguén máis sabe facer.....xa sabedes:  a imaxinación ao poder

                    Estes  son os  animais  que empezan por C: 

                               CEBRA  E  CAMELLO




Agora  vai  un power point coas fichas que vos propoño facer. Podedes  colorear ou decorar a  cebra e o camello como queirades: pintando con ceras, con pincel e témpera, pegando papeliños, teas, plastilina....como máis vos guste ou co que teñades na casa. 
Mandade fotos.



DESCARGAR

Póis  esto é todo por hoxe. Pasade unha boa fin de semana e non olvidedes cantar, bailar e, sobre todo rir e rir moito.
Un  bico enorme que vos chegue a todos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES