Powered By Blogger

 Boas tardes, rapazada.
Hoxe é xoves, 21 de maio de 2020, día da Ascensión e da Rede Natura.
Prepareivos un bonito conto de bichos, que se titula "La abeja trabajadora", é un pop-up moi chulo que ten uns bichiños moi bonitos e simpáticos. Xa me diredes cal vos gusta máis. Alá  vai o conto, espero que vos guste.



                          Despóis de ver e escoitar o conto:

lembrades todos os bichiños que saen no conto? podedes dicir o seu nome e o son que fan? 
Cóntaos e dime cantos hai. Ves algún animal máis que saira no conto e non se falara del?
Podedes facer un debuxo do bicho que máis vos gustara e buscar información sobre el. Seguro que podedes aprender moitas cousas sobre todos se tedes curiosidade. 
Aquí tedes fotos dos animais, co seu nome. Tentade escribir ou formar con letras (imáns, tapóns, papeliños..) o nome de cada un.


                                                           
         ABEJA

    L        LOMBRIZ DE TIERRA



          LIBÉLULA



C             CARACOL



S          SALTAMONTES



O             ORUGA


A profe Laura déixanos este pictoconto que ten varios contos adaptados con pictogramas e cada conto ten un xogo con preguntas. A ver se vos gusta.
                          https://www.pictocuentos.com/

A profe Jessie, hoxe proponnos unha actividade chamada Humptypuppet

https://drive.google.com/file/d/1kciUi-w-2bvLtBgXnxgsH3GPE44w4z3u/view?usp=sharing

Agora as cousas que fostes mandando. Imos alá!

              Nora enviounos  varias fichiñas rematadas e fotos mirando e xogando ás actividades no seu computador. Xenial Nora

                              
Debuxos  que lle gustan



 Un debuxo "abstracto"  da familia: o grande é un unicornio mamá e o pequeno un unicornio bebé que aínda non sabe andar. 
                         Tipo de familia: familia unicorrnio



Tamén fixo o barco do pirata Policarpo, que invitou a navegar a Pepa Pig porque é Nadal (supoño eu)

         
Ángel tamén nos envía moitas fichas das letras que está a practicar e un debuxo dun "cadelo"...que bonito! 



E  un video moi emocionante e gracioso  sobre os tipos de familia do video coa canción de Phill Collins: "you,ll be in my heart"


Tamén  o barco do pirata Policarpo, con un sol enorme, gaivotas e peixes.  Tamén buscou e marcou todas  as  letra  P das palabras do conto.

      

E  un  bonito debuxo enmarcado da  súa familia para o día  da  familia.

                                    
                                                 
E, xa para  rematar por hoxe, Nayat  enviounos unhas fichiñas xa rematadas. Gracias Nayat


 Póis xa é todo por hoxe, espero volver a veros mañá con moitas cousiñas novas. 
                                     Un bico pequechos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES