Powered By Blogger

Boas,  golfiñas  e  golfiños.

Hoxe é xoves 7  de maio de 2020. Están de santo: Mastidia, Benedicto, Domilia  e Judit. Coñecedes a alguén con eses nomes? Hai nomes moi raros, verdade?

Tamén é  o día  internacional do asma, unha enfermidade respiratoria que sofren moitas persoas.


Sabedes  que  lúa haberá hoxe?.....pois  LÚA CHEA!!. Ademáis din que hoxe será moi brillante, será a derradeira superlúa do 2020, e chámana "a lúa chea das  frores. Tamén haberá choiva de estrelas. Pedide a mamá e a papá que, si vos é posible, miredes hoxe pola noite ao ceo para ver a fermosa e brillante lúa. A ver cantas estrelas podedes contar. Xa me contaredes.

                                    

Hoxe  vouvos poñer outro video  do  meu horto,  plantando outra hortaliza que se emprega para cociñar moitas cousas, pero sobre todo para cremas de verdura, quiches e guisos

                        
                                 ALLIUM  PORRUM          
                     PORRO           PUERRO          LEEK
                                 
Os  porros teñen moitas  vitaminas e mineráis, xa sabedes, como todas  as verduras e hortalizas. Todos os días debemos comer algunha. Son plantas bulbosas: a súa  raíz é bulbosa. Sabedes que as cebolas e os allos son da mesma familia dos porros?
                      Póis aquí vai o video. 




Despóis  de  ver o video, xa saberedes que nacen e crecen na  terra, que necesitan tamén auga e a luz do sol, pero, ademáis precisan que a terra teña alimento, é dicir que esté abonada.
Agora unhas preguntiñas:

_ Cantos porros plantei no horto?


_ Eran grandes ou pequenos?


_ Lembrades algunha verdura, hortaliza ou planta máis que se vira no video?


_ Vese algún animal no video?


_ Como se chama o animal que sae no video que non ten patas e que vive baixo a terra?


_ Ese animal é moi beneficioso para a terra. Sabes por que?


_   Cal  é  a  letra  inicial  da palabra  PORRO? pronuncia  o son da  letra  P (PPPPP) e da golpiños coas túas palmas como se soaran petardos (PUN, PUN...)


Agora unha tarefa  de buscar e logo representar

busca pola casa  cousas que empecen pola letra P (que non sexan demasiado grandes e  non demasiadas, unhas pouquiñas). Cando as teñas ponas todas xuntas (agrúpaas). Logo, nun folio ou papel grande debuxa, escribe, pega, colorea...letras  P e pon cada obxeto que atopaches ao lado dunha P. Toma unha foto ou varias e mándama. 

Agora  o que fixestes estes días:


O noso compi Ángel  mandounos as  fichas, moi ben feitas, e un video. Xenial, Ángel.




                      



                         



Nora  enviounos  varias fotos, unha mirando o primeiro video do horto, o das leitugas e outra facendo a ficha das ovellas.


                           

Tamén unha  manualidade moi chula, un arco da vella precioso 



                                                               
            E  algunhas fichiñas máis,  tamén  moi ben feitas.                                                      Parabéns Nora


                          

Póis esto é todo  por  hoxe. Mañá  máis
Un bico enorme. Lembrade comtemplar esta noite a super lúa e a choiva de estrelas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES