Bos días golfiños e golfiñas.

Hoxe é xoves, 28 de maio de 2020, día de San Xermán e da Nutrición.

Estes días vai moita calor e supoño, que como eu, teredes poucas gañas de traballar....normal, esto é para morrer derritido. Pero bueno, hoxe póñovos algo sencilliño e que vos vai encantar.
Onte pola tarde-noite, mentres tomaba un pouquiño o fresquiño e respiraba un pouco de aire fresco, de súpeto apareceu unha criaturiña pequena  e preciosa que se puxo a pasear ao meu ladiño: "que sorte vou ter", póis hai quen cre que ver este animaliño trae moi boa sorte. E, acordeime de vós e pensei: "seguro que lles gustaría estar aquí para ver ísto, pero, como non poden estar, vou grabalo en video". Pero, antes de ver o video, a ver se adiviñades que era esa criaturiña.

Vouvos dar unha pista do que era.....

                 ADIVIÑA  ADIVIÑANZA
          Son  ovalada e vermella como un
                     
       visto manchas  negras e redondiñas.

       paseo moi veloz polo horto e o xardín,

       e, cando me canso, podo voar, póis teño preciosas aliñas.

Xa sabes  de que pequeno animaliño se trata? pensádeo BEN antes de ver o video, non fagades trampa, vale?




Póis  así é......                  A   XOANIÑA  ou  MARUXIÑA
                                        en castelán  MARIQUITA
                                        en  inglés  LADYBUG  ou  LADYBIRD.




As xoaniñas son insectos voadores preciosos e moi beneficiosos para o horto, póis aliméntanse de outros animáis perxudiciais, como as formigas e os pulgóns que estragan as verduras e outros vexetais. Non só son vermellas, tamén hainas amarelas, laranxas e todas negras. Adoitan ter 7 puntiños, pero hainas de 2 puntiños ata moitos puntiños, sempre negriños. As maruxiñas bebé non teñen puntiños ata que se fan adultas. Teñen 4 ás, 2 verdadeiras transparentes e 2 falsas ou élitros que son as máis bonitas  e son como un escudo que protexe as verdadeiras.
Poderías debuxar unha xoaniña moi grande e coloreala? Tamén podedes facer algunha manualidade con cousiñas que teñades na casa. Algo como esto, por exemplo














Lembra:
teñen  o corpo ovalado e negro e unhas ás falsas ou élitros que son vermellos e con puntiños negros

                               Formas (con imágenes) | Circulo geometrico, Imagenes de circulos ...                                                                                                           
teñen  2 anteas na cabeza 


e   6  patiñas  negriñas, 3 a cada lado do corpo          |  |  |  |  |  |

E agora quero que fagades outro pequeno RETO: volvede a ver o video da xoaniña que paseou pola miña casa e tentade seguila co voso dedo. Xa veredes como corre e é difícil seguila. Veña, a ver se podedes.
                         E logo estas 4 fichiñas:
A primeira é un LABIRINTO: sinalade, primeiro co dedo o camiño que ten 
que seguir a xoaniña e logo con lapis, cera ou rotulador. 




DESCARGAR

E xa, por último, escoitade, cantade e bailade esta bonita canción:
                   "señora de la suerte, la mariquita"




Bueno chicos, é todo por hoxe. Mañá poño fotos vosas e os deberes de inglés, e algunha sospresiña.
Un bico enorme. E non vos derritades coa calor.



Comentarios

Publicar un comentario