Boas tardes rapazada.
Hoxe é martes, 26 de maio de 2020. Celébrase San Felipe Neri e Santa Mariana, Coñecedes alguén que se chame asi?

Seguiremos co  xogo da ruleta, para ver que animal escolleremos dos do conto de "todos hacemos pipí". Hoxe xogaremos con estas letras:  J, M, P D.....................Cal  sairá?


                                         

                                           



                      Saiu a  letra  D  de  DAMIÁN

                     D    de    DRAGÓN   

e   D  de   DINOSAURIO


Agora  terás que elixir o que máis che gusta dos  dous e  investigar sobre él para aprender un montón de cousas. Xa sabes que os  dragóns son animais mitolóxicos e nunca existiron. Os  dinosaurios existiron, pero hai xa millóns de anos que se extinguiron, esto significa que desapareceron da terra e non volveron existir nunca máis. Sabes por que?, sabes que comían, eran grandes ou pequenos, ....
Xa me contaredes.
Agora  vou  ofrecervos unha fichiñas. Nos puzzles ou crebacabezas tedes  que colorear do xeito que máis vos guste e logo recortar  coas vosas tesoiras cada peza polas liñas e, por último, montalos pegándoos  dentro  do espacio rectangular marcado no folio.  
Veña, mans á  obra!

                                                

                                                 




DESCARGAR

Póis xa é todo por hoxe. Vémonos mañá.
Unha  aperta e un bicazo enorme. Muaaa

Comentarios