Powered By Blogger
Bos días  rapazada.
Hoxe é venres 15 de maio de 2020. Celébrase San Isidro e o 
                               "Día  das  familias"
Así que aproveitade esta fin de semana, que ademáis ven bo tempo para disfrutar da vosa familia e facer moitas cousas xuntos.


Aproveito para comentarvos que no blog da biblioteca do cole     teñen un novo reto e tamén actividades e lecturas para o Día das Letras Galegas, que é este domingo 17 de maio e este ano está adicado a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago de Compostela,1990).

Bandeira  de  Galicia co seu escudo

Tamén me gustaría que xogarades aos xogos que nos propón esta semana a profe Laura: a ruleta de animáis e a ruleta das letras.

Atopei este conto dos diferentes tipos de familias, con unha música preciosa de fondo de Phill Collins, que se titula "you´ll  be in my heart" (ti estarás no meu corazón) pero traducida ao español.




Tamén vos me gustaría  que visionedes  este curto sobre a familia de Sésamo: "Cada familia es maravillosa"



Eu propoño que esta fin de semana, ademáis de cantar, bailar, xogar e pasear, fagades  2  actividades moi chulas en familia:

_  Facede un debuxo  da vosa familia. Cando o teñades rematado podedes enmarcalo.
Podedes facer un marco de cartolina ou cartón e decoralo ao voso xeito. Seguro que tendes moi boas ideas e quedaravos xenial. Tamén será un recordo de estes momentos que vivimos.
Mandade fotos, porfa.
 _ Facer pan. Eu mándovos un video de como o fago, por se non sabedes. Para esta actividade precisades moito a axuda de mamá e papá, pois hai que quentar auga e cocelo no forno. Pero vós podedes amasar e facer os boliños, e, o máis importante ... podedes comelo     
               


                    Mirade que ben queda e está exquisito!!






Póis agora algunhas cousiñas que mandastes.....Aí  van!!

Ángel estivo aprendendo cousas sobre Escocia, Scothland. Lembrades que é o país da nai de Catrina?
Póis observou atentamente o escudo e debuxou a bandeira. Tamén mirou atentamente o AIKEN DRUM que fixo Catrina, que tiña queixo, leituga, tomates, bocadillo, galletas....
                                             Vedes vós algunha  cousa máis?


        

        

                   Aquí tedes a Ángel todo sorrinte e guapo, como sempre


Tamén hai un video no que Ángel nos explica todo o que hai no escudo de Escocia. Moi ben, non se che pasa unha.


Nora tamén mandou algunhas fichas, a dos números 1, 2 e 3 e a dos agasallos, un aberto e outro pechado


Tamén construiu  un castelo  de letras, que guai  Nora!...ademáis estás guapísima con ese traxe tan bonito e ese sorriso precioso que tes.

              

 Despídome por hoxe. Espero que disfrutedes moito da  fin de semana.                              Bicos enoooooooormes
                                                                      

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES