Powered By Blogger
Boas tardes, golfiñas e golfiños.

Hoxe é San Bernardino e o día  das  Abellas, eses insectos  tan interesantes e traballadores que fan moitas cousas boas por nós e pola natureza. As abellas axudan á polinización das flores, esto é, cada vez que van en busca de néctar para facer o rico MEL, de paso fan que os campos se enchan de novas plantas, póis, sen darse conta levan nas súas patiñas polen das flores, éste cae na terra, facendo posible a vida de novas plantas. Son tan, pero tan importantes, que temos que coidalas moito e non meternos con elas nunca, póis xa sabedes que cando nos clavan o seu aguixón, pérdeno e logo morren. Así que non lles teñades medo, pero tratade de evitalas para que non vos piquen. Mirade este video sobre as abellas: "por qué hacen miel las abejas" de Happy  learning



Póis hoxe tamén  preparei para vós un video do ABECEDARIO, no que repaso todas a letras e os seus sons, tal e como faciamos cada día na clase. Escoitade con atención e logo repasade e lembrade o nome dos nenos e nenas da nosa clase e o meu nome, a ver se recordades os de todas as letras. Debaixo  do video tedes unha foto cos nomes de todos.








O luns fun ao cole, despóis de moito tempo, a ver como estaba a nosa clase e pensei que vos gustaría ver fotos para lembrar e non olvidar.....que morriña!. A ver se vos gustan.

 


     















                                   

Que  recordos, verdade?...estou segura de que vos fará tanta ilusión como a min.
Agora  déixovos unha  fichiñas para facer estes días.



DESCARGAR

Despídome por hoxe. Mañá porei cousas  vosas que mandastes e un bonito conto.
Un bico enooooorme

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES