Powered By Blogger
Boas  tardes pequerrechos.
Hoxe é venres 8 de maio de 2020. Están de Santo todos os Víctor e celébrase o día Internacional da Cruz vermella, que traballa en misións humanitarias por todo o mundo.

Os traballiños que estades a mandar son unha marabilla, sodes incribles!!



Aínda que un día xa vos mandei unha receita para facer a vosa propia plastilina, pareceume que eu tamén debería facela, pois gústame moito facer figuriñas con plasti. Entón...mans á obra. Collín os ingredentes necesarios e fabriquei a miña propia. Pasei un rato moi divertido amasando e amasando e poñéndolle cores. Despóis fixen cousiñas con ela. Xa veredes que divertida é esta actividade.
Para facela precisades a axuda de mami ou papi, pero para logo xogar con ela non. Cando a teñades feita podedes metela nunha bolsiña ou envolvela en fil transparente e metela na neveira pechadiña. Así dura  bastante tempo.

                                   Esta é a miña receita:


           
2 culleradas de aceite
 
     colorantes alimentarios                        200 gramos de fariña




100 gr. ou 100 ml. de auga
50  gr. de sal fina
                                                                                                                                                                        
                                                         



                         


Agora  mirade todo o que fixen eu coa miña plastilina. Podedes facer cousas como estas e outras que se vos ocorran. 


 






Agora  mirade todas as cousas que fixestes na vosa casa

Nayat  enviounos algunhas  fichas e dous videos curtiños. 
Gracias  Nayat, estás moooooooi guapo co teu corte de pelo.








Ángel  tamén enviou moitos traballiños e 2 videos moi interesantes e graciosos. Gracias Ángel, eres un crack

                               Quedou chulísimo o teu debuxo das liñas de cores


                                             
                                Traballando  inglés. Good  job !, Ángel
                           
     Ángel e o seu papá  cantando a canción "Finger Family  puppets"



A  ficha da  LEITUGA. Atopou  8 letras  L

                                 

Tamén xuntaron na mesa moitas  verduras e hortalizas que tiñan na casa  e  puxeron a letra de cada unha ao seu lado. Cantas cousas boas e ricas, ñan, ñan..


Bueno, moitas  gracias a todos os que mandades os  vosos traballiños. Animádesme moito a seguir pensando e facendo actividades  para que aprendades e pasedes bos momentos. Sei que a maioría facedes cousiñas na casa. Gustaríame que me mandarades fotos todos os da clase, aínda que sexan de actividades que eu non propoña no blog. Podedes mandar unha foto vosa facendo algunha actividade en familia, cociñando, limpando...ou pintando, debuxando, bailando...o que poidades. Subirei todo ao blog con moito gusto.
Un bico e unha aperta a todos. Tede unha moi boa fin de semana.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES