Powered By Blogger
Boas tardes, golfiños e golfiñas.

Hoxe é mércores, 13 de maio de 2020, día  de  Fátima e tamén o Dia dos  nenos e nenas que están enfermos no hospital.


A mamá da nosa compi Catrina é de un país que se chama Escocia, Scotland en inglés. Así que hoxe gustaríame que coñecerades algo máis de Escocia.

Escocia forma parte do Reino Unido, xunto con Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte. A súa  capital é  Edimburgo e a cidade máis poboada é Glasgow.

A súa  bandeira é moi sinxela, de fondo azul e con unha aspa blanca, que representa a cruz de San Andrés.  O seu escudo é un pouco máis complexo, representando aos clans, á bandeira, ao león,  á flor nacional (o cardo)
                             



A flor nacional  é  o cardo
                                                       
Os  escoceses teñen unhas  tradicións moi antigas, algunhas moi parecidas ás nosas de Galicia, de raíces celtas.
Por exemplo, na música popular hai un instrumento común a Galicia....A GAITA ESCOCESA, gaita das HIGHLANDS un instrumento musical de vento, similar á galega. Tamén son tradicionais o violín, a arpa celta e o acordeón. Ah, sabedes que leva vestido este señor escocés?...pois unha prenda de roupa típica que nós chamamos  falda escocesa,  pero que en realidade se chama KILT.  Todos os nenos escoceses reciben un kilt de agasallo cando son pequenos. Úsano en festas, celebracións, bodas, bautizos...

Gaiteiro escocés vestido co kilt, traxe típico
VIDEO DE MÚSICA  TRADICIONAL ESCOCESA 
BANDA DE MÚSICA TRADICIONAL ESCOCESA  "CLANADONIA"    
                                           MOITA  MARCHA!!



Algúns dos  monumentos máis famosos son O Castelo de William Wallace, un soldado escocés moi famoso e loitador do século XIII e o castelo de Edimburgo, unha antiga fortaleza do século XII.
E sabedes que teñen unha das  árbores máis antigas de Europa? póis así é, teñen unha árbore chamada Tello  que se  cre  que ten 5.000 anos!!!, O  tello  de  Fortingall.

Coñecedes  ao  Monstro do Lago Ness?....pois  non sei se existe ese monstro ou é só un conto de vellos, pero  o  que si existe é o Lago Ness e tamén está  nas  terras  altas  (highlands) de  Escocia.


Lago  Ness, nas Highlands

Monumento a William Wallace

Castelo de Edimburgo



Tello  de  Fortingall

En  Escocia os nenos e nenas tamén van ao cole, ao parque, pasean pola rúa, bailan, pintan, xogan  e tamén cantan, como os de España....pero  fanno  en  inglés a súa  lingua. Hai unha personaxe dunha canción tradicional infantil chamado AIKEN DRUM, que ten as partes do seu corpo feitas de diferentes alimentos. Mirade este video do AIKEN DRUM.



Este  é  o  AIKEN DRUM que  fixo Catrina coa súa mamá Julia. Como vedes  está  feito con alimentos, dándolle  forma de persoa.  
Buscade  no Aiken Drum  de Catrina alimentos e obxectos que coñezades, a ver quen atopa máis. Eu vexo  unha......!!! Ti que ves?

           
                   Agora  tócavos  traballar un pouquiño

Debuxa e colorea  a  bandeira de Escocia? que forma ten? 
De que cores?
Mirade o escudo, a ver se vedes algún animal. Que animáis hai?
Cantos hai? de que cor son?
Hai  algunha flor? como se chama e de que cor é?
Ves algo máis  que  chame  a  túa atención?  

Por que non  o facedes tamén na vosa casa con papá e mamá e mandades unha foto  ou  un video? Podedes facelo con recortes do catálogo do super  ou con alimentos e cousas da cociña da vosa casa. Seguro que o pasades xenial e aprendedes un montón. Veña, animádevos.



Bueno  rapazada,  un bicazo  virtual enorme.  Sabedes que vos quero moito. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

ÚLTIMA ENTRADA

VISITA Á GRANXA KIRIKO

O día 7 de maio, por fin, tivemos a nosa primeira excursión do cole: viaxamos á granxa Kiriko en Fornelos do Monte e pasamos alí o día entre...

ENTRADAS MÁIS POPULARES