Ola, golfiñas e golfiños.
Hoxe é  luns 25 de maio de 2020,  Santa María Magdalena e día de África.

A profe Laura mándanos unhas siluetas de debuxiños para repasar cos dedos e para colorear. Podedes repasalos directamente co voso dediño na pantalla do ordenador, do teléfono ou da tablet, ou ben imprimilos e repasalos con rotulador e logo colorealos ou decoralos libremente. Se non podedes imprimilos ou descargalos, poreinos de outro xeito para que poidades. A ver se vos gustan.

BEBÉ

CASA

TIPI

ESTRELA

ÁRBORE

GATO

PARRULO

GALIÑA

COROA

Eu déixovos un pequeno video que preparei para vós con unha actividade que penso que vos gustará e, sobre todo, coa calor que vai, será moi refrescante. E, como xa sabedes, eu suxiro, pero vós deixade  voar a vosa imaxinación e creatividade. Agora que temos máis tempo en familia, manchádevos, que logo entre todos teremos que limpar...hai que axudar na casa...xa  sabedes.




Ángel enviounos un montón de traballos da semana pasada. Moi  ben Ángel, eres un traballador



Ángel formou un montón de nomes de animáis do conto da abella traballadora e dos seus amigos bichiños cos seus tapóns de letras. Xenial!!!
 

                           
                           O  seu  animal favorito do conto foi a abella
                              

Tamén Nora nos enviou unhas cousiñas. Encantoulle ver no ordenador o conto da abella, porque o ten  na súa casa e, mentres miraba e escoitaba o computador, tamén miraba o seu conto. Xenial Nora!!



 Nora mirando o seu computador e o conto que ten na casa


Un agasallo para papá
Bueno, por hoxe nada máis. vémonos  mañá  parruliños.
                            Un  bico enorme. Mua!!

Comentarios