PROXECTO DINOS....COMEZAMOS

 Xa temos listo o noso minimundo de dinosaurios na bandexa tuff.

Os peques xa estaban desexando estrenalo e xogar moito nel. O noso minimundo dino está composto por árbores e plantas, un volcán que fixemos de barro (que faremos que entre en erupción dentro de pouco), fideos de cor verde simulando a herba e cortezas de árbore simulando a terra volcánica. E, como non, unha morea de dinosaurios de diferentes clases e tamaños: tiranosaurio rex, velociráptor, triceratops, estegosaurio, parasaurolopus....e un niño con oviños de dinosaurios. Mirade, así quedou a nosa bandexa tuff. 








Comentarios