Xa está chegando o Samaín, pero nós xa empezamos a celebralo. Decoramos as clases e temos xogos de medo, e, para ir abrindo boca, preparamos uns boliños de pan de Samaín con cabaza. Comenzamos a nosa receita o xoves no comedor, e colaboramos todos-as na preparación da masa. Unha vez feita a masa, deixámola levedar na neveira do cole.
Ao día seguinte, hoxe venres, vimos que a masa crecera bastante e cada un amasou e formou o seu boliño. Deixámolos repousar un pouco na bandexa e logo.....ao forno. Só nos deu para un boliño para cada un, pero estaban boísimos.
Algúns quixeron comer o seu despois de merendar, e outros preferiron levalo a casa.
Por se queredes facelos na casa, déixovos a receita ao final. Son faciliños e moi ricos. Para que sexan máis saudables podedes sustituir o azúcre por un endulzante ou, simplemente non poñerlle ningún, xa que a cabaza xa é bastante doce.
Este é o vídeo de fotos dos dous días que durou o obradoiro de pan de cabaza.
RECEITA

Comentarios
Publicar un comentario