EDUCACIÓN VIAL E XOGOS AO AIRE LIBRE

Hoxe, por segunda vez, aproveitamos o bo tempo e saímos un ratiño ao patio a facer un pouco de deporte coas bicis e patinetes polo circuito vial. Mentres algúns circulaban, outros pintaban e debuxaban no chan con xiz. Aprendimos por donde hai que circular, a seguir as flechas da calzada e a parar nos pasos de peóns cando alguén cruza. Como peóns, aprendimos a cruzar con coidado polos pasos de cebra. 

Tamén houbo algún pequeno accidente sen consecuencias graves e algún amonestado por circular de xeito temerario, coa conseguinte retirada de carné. 






























Comentarios