Hoxe, xunto cos nosos compis de 5 anos A tiñamos unha importantísima misión: buscar os oviños da tironosaurio rex.
A pobre dinosauria puxo moitos ovos por todo o noso patio, pero non lembraba donde estaban, e eran polo menos 50. Así que a nosa tarefa foi axudala a buscalos e despois metelos en auga. Atopamos entre todos 48 oviños.
Agora toca esperar ao luns para ver que pasa con eles. Sairán os bebés dinos dos oviños? Crecerán e faranse xigantes como a súa mamá? ....
O luns teremos todas as respostas!!!
E así estaban despois da fin de semana....naceron todos os dinosaurios!!!
Comentarios
Publicar un comentario