BOTELLAS SENSORIAIS

Ola de novo.

Esta semana estivemos a facer as nosas novas botellas sensoriais: unha con diferentes elementos, outra sobre dinosaurios e outra do outono. Utilizamos botes grandes de bolas de suavizante. Primeiro enchemos as botellas con auga destilada que dura máis, xa que non ten minerais, e un pouquiño de aceite de xirasol coa axuda dun embude. Logo empezamos a meterlle cousiñas que tiñamos pola clase: purpurina, cunchiñas de cores, bichiños de mar de cristal, folliñas, dinos pequenos, esqueletes de dinos, orbis, boliñas e contas de cores e cousas que atopamos pola clase.....


PRIMEIRA BOTELLA: cousas do mar













                       SEGUNDA BOTELLA: cousas de dinosaurios

Nesta segunda botella xa participou a nosa nova compi, Emma, á que lle damos a benvida á nosa clase.













                           TERCEIRA BOTELLA: cousas de outono

Para esta terceira botella sensorial reciclamos un bote de xeado. Pegamos á tapa do bote unha ramiña de unha planta á que lle pegamos folliñas pequenas, simulando unha árbore de outono. Logo cortamos trociños de follas cos dedos e con perforadoras de varias formas. Para rematar metimos os anaquiños de follas e mini cogomelos de cores no bote xunto con auga. 








 





Comentarios