MONTE VIXIADOR

 Ola de novo:

esta derradeira semana do curso foi moi axetreada: remate dos traballos e proxectos, última saída, xogos, merendolas e...despedidas.

O martes tivemos a saída ao Monte Vixiador, unha xornada moi calurosa e agotadora, pero divertida.

Paseamos polo monte, visitamos a charca das ras, pasamos pola ponte de madeira moi amodiño, vimos cabalos, xogamos na herba e no parque, merendamos cos compis, comimos un xeado, respiramos aire puro e, sobre todo, pasamos moita calor...chegamos derrengados e como uns porquiños.

































Comentarios