SAÍDA A APÍPOLIS

Ola de novo. 

O venres 25 de abril visitamos Apípolis, unha bonita granxa de abellas na que aprendimos unha morea de cousas sobre a vida destes traballadores insectos. AdemaIs de fabricar o mel e a xalea real, son imprescindibles para a supervivencia do noso planeta, posto que contribúen á polinización e, polo tanto a conservar e facer crecer as plantas.

Durante a nosa visita fixemos galletas de mel. Déixovos a receita ao final desta entrada para que as fagades na casa se queredes. 
















Visitamos o pequeno museo interactivo que teñen para coñecelas e entendelas mellor. Teñen varias colmeas pechadas nas que se ven os movementos e a actividade que hai dentro delas e dos panais. A través dun conto moi chulo sobre a abella Loli aprendimos a súa morfoloxía, costumes e clases de abellas dentro da colmea e o seu traballo na comunidade.























Noutro obradoiro observamos un panal cheo de mel e de cera, así como os diferentes aparellos que empregan os apicultores para extraela. Probamos o mel e o pole e fixemos unha pequena candea de cera pura. Coñecimos e usamos o centrifugador de mel, que serve para separalo e extraelo dos panais. Logo vaciamos o mel nuns pequenos vasiños que levamos para casa, xunto coas galletiñas e as velas.



















































Pero, sen dúbida, o que máis nos gustou, aínda que daba un pouquiño de medo, foi vestir o traxe de apicultor e meternos na zona das abellas, onde están soltas voando libremente. Alí vimos moi de cerca estes bichiños e as súas larvas.







































E, xa para rematar, antes da volta a casa, un contacontos interactivo moi divertido e "palomitas" de merenda.

En fín, unha visita moi didáctica e mooooi divertida.






Agora, e por petición popular, déixovos a receita das famosas galletas de mel.































Comentarios