Como todos os anos por esta data, 23 de abril, celébrase o día de San Xurxo, día do libro e, no noso cole compartimos todos e todas o día dos padriños e madriñas lectores. A rapazada de todos os cursos xúntanse por todo o patio do cole, de xeito que os maiores apadriñan ao pequenos elixindo contos e libros do gusto dos seus afillados-as. Os máis peques agradecen este xesto facéndolles un agasalliño. No noso caso fixémoslles un marcapáxinas moi chulo.
Pasárono xenial nunha xornada moi soleada que encantou a pequenos e a adultos.
Eiquí van uns vídeos para que poidades vivir tamén o ambiente que se respiraba durante a xuntanza...
Comentarios
Publicar un comentario