VISITAMOS A BIBLIOTECA NEIRA VILAS

Hoxe luns 24 de marzo, despois de moitos días de choiva e vento, puxemos un ovo a Santa Clara e, por fin puidemos ir á biblioteca Neira Vilas. 

Acompañáronnos a profe Raquel e a profe Inés. Fomos recibidos, como sempre, moi amablemente e pasamos unha xornada entretida, na que Mar nos contou algúns contos. Despois do momento de escoita fixemos unha actividade sobre o alfabeto relacionado con personaxes de contos: A de Alicia (no país das marabillas), E de Elmer, H de Harry Potter....

Eiquí van algunhas fotos...

















Comentarios