Como xa vai chegando a primavera, que este ano comenza o 20 de marzo, empezamos coas plantiñas que tanto nos gustan. En uns días inauguramos o horto escolar e pensamos que, para ir abrindo boca, poderiamos decorar o panel do banco das emocións con unhas macetiñas de plantas aromáticas.
Neste proxecto tamén participan os compis dos outros cursos de infantil.
Temos plantiñas de menta, orégano, cilantro e albahaca.
Nós eliximos a menta.
Antes de trasplantar a nosa menta, decoramos a maceta con rotulador de tiza e con pegatinas de primavera. Logo a profe encheu a bandexa tuff de terra para poder trasplantar a nosa plantiña. Logo fomos enchendo de terra a maceta por parellas, enterramos a menta e regámola ben.
Tamén fixemos unhas bonitiñas bolboretas que completarán a decoración do noso panel tan primaveral.
Para finalizar o traballo, colocamos a maceta e as bolboretas no panel.
Comentarios
Publicar un comentario