Ola de novo. Esta semana inauguramos no cole o noso horto, con algunhas novidades, pero coa esencia de sempre. Agora temos as parceliñas con unha lona especial para evitar as malas herbas e uns carteliños moi chulos de madeira para marcar as parcelas e o nome das verduras e hortalizas. Tamén puxemos unha mesa para facer semilleiros, plantar, pintar no horto e para o que se precise.
Nós fomos o martes e plantamos moitas leitugas, 2 tomates cherri, 2 pementos de padrón, 2 amorodos e 3 remolachas.
Agora, a esperar que os nosos coidados e a natureza sigan o seu curso...a ver se de cara ao verán podemos facer unha boa ensalada cos froitos do noso traballo.
Eiquí van algunhas fotos do proceso.

Comentarios
Publicar un comentario