EXPOSICIÓN ARTAI E LORENZO ROCHA

Comezamos coas exposicións dos traballos dos peques. Trátase de que mostren os traballos que fixeron na casa e poidamos aprender máis cousas sobre o tema que traballaron. A pesar de ser a primeira vez que "falan en público" para explicar coñecementos, fixérono todos moi ben e con moita naturalidade.
Lorenzo, aínda que é moi tímido e fala pouco, foi moi valente e explicounos o traballo que fixo na casa coa axuda da súa irmá Emilly. Quedoulles un traballo chulísimo: un mural sobre as partes externas do corpo.
Xenial, Lorenzo, fixéchelo de marabilla!!!


Artai, coa axuda da súa mamá e de Bruno, o seu irmán maior, fixo un artefacto con material reciclado. Con unha botella de plástico, globos, unha palliña, unha luva e cinta de pegar simularon o proceso da respiración: a boca, o nariz e os pulmóns. Mirade que interesante.
              Moi bo traballo, Artai, e que ben o explicaches!!


 

Comentarios