Continuamos con esta semana tan activa. Hoxe visitamos o Centro de visitantes das Illas Atlánticas.
Foi unha xornada moi interesante, na que aprendimos unha morea de cousas sobre os protagonistas da nosa historia: Martiño, o corvo mariño e moitos dos seus amigos, os animais do noso Oceano Atlántico: o polbo, a estrela de mar, o cabaliño de mar, a vieira, a ameixa, a nécora, o congrio, a raia, as gaivotas e moitísimos máis.
Martiño é un paxaro negro con ollos verdes que se alimenta do que pesca mergullándose no fondo do mar e "voando" baixo a auga. O corvo mariño, un experto pescador, vive nas nosas costas, pescando,descansando e facendo os seus niños nos cantís das Illas Atlánticas: Illas Cíes, Cortegada, Ons e Sálvora.
O que está claro é que temos un tesouro que non sempre coidamos o que se merece.
NO BUS


CHEGAMOS AO MUSEO

Comentarios
Publicar un comentario