VISITAMOS O CAMPO DE FÚTBOL DO CHAPELA

O luns 17 de febreiro tivemos a sorte de facer unha visita ao campo do Chapela C. F.

Antes subimos ao Monte do Vixiador e facía bastante frío, así que merendamos, corrimos un pouco e xa baixamos ao campo.

Xa no campo de fútbol, chulísimo e con un céspede impecable, recibíronnos moi amablemente e ensináronnos as instalacións, onde entrenan e xogan os seus partidos. Despois e durante case unha hora e media, 4 entrenadores  explicáronnos como se manexa o balón neste deporte, sempre cos pés. Corrimos coa pelota entre os pés, recto e en zig-zag, metimos moitos goles, corrimos e, sobre todo, disfrutamos moito. 

Tamén tiveron a amabilidade de invitarnos a unha botelliña de auga...tanto deporte da moita sede. Tamén vimos algunhas futuras promesas!!! 

Así que animádevos a meter aos vosos peques nun deporte como este, é moi saudable e ademais aprenden valores de esforzo e de traballo en equipo.





















E mañá visitamos o museo das Illas Atlánticas!!!



Comentarios