PROXECTO O MEU CORPO: A CONCEPCIÓN E OS BEBÉS

 Ola de novo. Xa comezamos co noso novo proxecto. Para empezar coñeceremos mellor o noso corpo por dentro e por fora, as funcións dos órganos máis importantes, así como a concepción e o embarazo. Tamén aprenderemos como coidalo ben para evitar as enfermidades e crecer fortes e saudables.

Cómo o faremos?, pois cunha boa alimentación coñecendo a roda dos alimentos, con hábitos de saúde e hixiene e, como non, facendo deporte.

Esta semana estivemos a aprender unha morea de cousas sobre a concepción e o embarazo. Podedes ver algúns vídeos na páxina "VÍDEOS, MÚSICA E CANCIÓNS" e actividades na páxina "XOGOS".

Xa sabemos que o bebé, antes de nacer, crece no útero da súa mamá dentro dunha bolsiña chea dun líquido que se chama líquido amniótico e que vive ahí 9 meses alimentado pola placenta a través do cordón umbilical, ata que chega o momento de nacer.

Para comprendelo, ademais de ver varios vídeos sobre o tema, simulamos o saco amniótico cunhas bolsiñas de plástico transparente nas que metimos gomina e un bebé. Fixemos primeiro unha bolsa grande, na que colaboraron todos-as, para a nosa exposición e para xogar con ela. Despois preparamos outras pequenas, unha por peque.








 













Para ver e entender que as persoas cambiamos ao longo do tempo, comparamos como eramos de bebés, e como somos agora. Os adultos tamén fomos bebés, a profe tamén foi unha bebé e unha nena pequena. Mirade que vídeo de fotos máis chulo de cando eramos bebés:



Tamén aprendimos que os bebés cando nacen son moi delicados e hai que bañalos con moito coidado, así que aproveitamos para darlles un baño con auga e xabón aos bonecos bebés que temos no recuncho da casiña, que por certo pedíano a gritos. 

Pero esta actividade queda para  próximas entradas do blog, xa veredes nos vídeos o ben que o fixeron.

Comentarios