DÍA DE ROSALÍA CASTRO

Todos os anos lembramos o 23 de febreiro á poetisa e novelista galega Rosalía de Castro. É o día do seu aniversario pois naceu o 23 de febreiro de 1837. 

O Equipo de Dinamización da Lingua do cole propúxonos decorar uns mapas de Galicia libremente e escribir palabras e frases en galego dentro do mesmo.

Nós pintamos os mapas con témpera sólida, con moitas cores, e despois buscamos palabras bonitas ou que nos gustaron en galego, escribímolas en papeis de cores e logo pegámolas no mapa, cada peque unha palabra. Algunhas das palabras que sairon foron: ledicia, tristura, enoxo, coello, bolboreta, xoaniña, amorodo, guapiña, saltón, chuvia, lóstrego, asubiar, parrulo, furabolos....e algunhas máis. O caso é que aprendimos palabras novas na nosa lingua e que os mapas quedaron moi chulos....os máis bonitos e coridos do cole!!

Hoxe venres, pinchámolos no gran mural adicado a Rosalía que está na entrada principal do cole. 

Mirade que bonito quedou...

                                    


                           

                            



                               






Lembrade que podedes ver máis imaxes e información deste día no blog de Dinamización da lingua do cole. 
Déixovos eiquí un enlace para que poidades acceder facilmente e, de paso, ver as ordes do Meco, que xa entramos na semana do Entroido.
                                https://dinamizacionpombal.blogspot.com/



Comentarios