Presentámosvos o noso proxecto xa rematado do primeiro trimestre. Ao longo destes 3 meses estivemos a aprender sobre o noso nome, o dos compañeiros-as e o da profe.
Tamén coñecimos algunhas cousas máis de todos-as como os gustos culinarios, a cor favorita e tamén o conto preferido, os debuxos ou películas e o xoguetes que máis nos gustan. Ademáis medimos a nosa estatura co metro, pesámonos coa báscula e medimos o perímetro craneal coa cinta métrica. Comparamos partes do noso corpo que nos caracterizan e nos diferencian a uns de outros, como a cor e o tipo de cabelo, a cor da nosa pel e dos nosos ollos, as diferentes estaturas e as diferencias sexuais (neno-nena). Aprendimos sobre as partes da nosa cara e para que serve cada unha...e moitas cousas máis. E, sobre todo...que todos-as somos diferentes, pero iguais.
Así quedaron os nosos autorretratos
ARTAI DANIEL
ASÍ QUEDOU, EN RESUMO, O NOSO PROXECTO
Tamén fixemos outros traballiños durante o trimestre que ían nun libriño con esta portada
Comentarios
Publicar un comentario