O 19 de decembro fixemos a nosa merendola de Nadal, xunto cos compis de 4 anos A.
E o día 20 foi unha xornada moi axetreada...non paramos nin un momento. A primeira hora da mañá apareceu Papá Noel cos seus axudantes, co trineo e ata cos renos e tivemos a sorte de poder entregarlles a nosa carta. Vaia sorpresa!!!
Despois os cantos de Reises e, para rematar, as badaladas do noso particular "Fin de ano"...Buff!!!
VISITA DE PAPÁ NOEL
CANTOS DE REISES
O tradicional canto de reises do Nadal galego consiste en intercambiar panxoliñas. No cole cantamos para os de outras clases. A nós cantáronnos os compis de 5º A e nós a eles.
Eliximos unha panxoliña en castelán, "Rodolfo el reno", porque nos gusta moito e é faciliña de aprender. Mirade os vídeos dos nosos cantos de Reises.
Primeiro cantounos a rapazada de 5º, e encantounos esta panxoliña en galego
E despois nós a eles...
E, por fin, despois das panxoliñas chegaron as badaladas todos xuntos no patio do cole. En lugar de uvas, tomamos "gusanitos" e despois.....festa rachada.
Quedamos esgotados con tanta festa..
Qué bonitoooo! Y verlos cantar precioso!😢😍😍
ResponderEliminar