Xa faltan poucos días para as festas do Nadal e, como sempre, no cole estamos a vivir con moita ilusión estes momentos previos ás festas favoritas de todos os nenos e nenas.
Na nosa clase, como xa rematamos o proxecto de traballo dos nosos nomes, levamos días experimentando e disfrutando con un novo minimundo de Nadal e con diferentes bandexas con xogos da mesma temática.
Comezamos na semana da ciencia fabricando a nosa propia neve artificial que nos serviu de base e para ambientar a bandexa tuff. Engadimos bonequiños articulados, unha mesiña e 3 cadeiras pequeniñas unha cheminea, abetos, casiñas, osiños polares e bonecos de neve...
Así quedou a bandexa
Ademais temos novos xogos de mesa e un abeto grande para decorar cada día con unha morea de adornos e espumillón.
Tamén fixemos unha preciosa cheminea de cartón que pintamos e decoramos para poñer na entrada de infantil xunto coa árbore decorada cos tubos de papel hixiénico que fixestes nas vosas casas.
Mirade que bonita quedou a nosa cheminea!!!
Tamén no cole estamos emocionados coa chegada do Nadal e xa está todo precioso para celebrar o día 20 a nosa famosa festa de Fin de Ano. O martes tivemos un acto "institucional" con discursiño da directora, un baile dos compis de 6º de primaria e, para rematar, o acendido da nosa árbore do xardín con conta atrás incluída.
Non temos nada que envexar ás luces da cidade de Vigo.
Ata moi prontiño
Comentarios
Publicar un comentario