Continuamos coas nosas actividades de Nadal.
Desta vez fixemos uns cuquísimos bonequiños de neve con calcetíns brancos, arroz e paniños de limpar de varias cores.
Primeiro enchemos cada un o seu calcetín co arroz axudados por unha culler. Tamén pesamos os calcetíns coa báscula, máis ou menos 300 gramos dependendo do tamaño do calcetín. Despois a profe encargouse de poñerlles unhas gomiñas para pechar os calcetíns e darlle forma aos bonequiños. Para finalizar pegamos os olliños, o nariz de cenoria, os botóns, a bufanda e o gorro.
Así foi o proceso, que nos levou varios días..
E mirade o resultado....quedaron moi bonitiños e graciosos!!!
Comentarios
Publicar un comentario