SEMANA DA CIENCIA. PRIMEIRA PARTE

Boas de novo.

Durante estes días estamos a conmemorar a semana da Ciencia e temos a nosa clase convertida nun pequeno laboratorio no que probamos e experimentamos como os científicos e científicas de verdade.

Temos lupas e gafas de aumento, virus e bacterias, vinagre, bicarbonato, escuma de afeitar, pipetas, goteiros, globos...

E tamén apareceu pola clase a "científica tola" da profe Nati.


EXPERIMENTO "ASUSTAMOS" AOS XÉRMENES

Para empezar "asustamos" aos virus e bacterias malvados que nos producen enfermidades e, como son tan pequenos non podemos velos só cos nosos ollos, por íso empregamos as nosas pequenas lupas. Para espantalos probamos primeiro con xabón e logo con vinagre. Só os espantamos con xabón, con vinagre non escaparon.

Aprendimos que hai que lavar ben as mans con auga e con xabón.

Os xérmenes no mandilón da profe...pero eiquí imos experimentar para desfacernos deles.

             

VÍDEO CON XABÓN

                                         VÍDEO CON VINAGRE


OBSERVAMOS OS XÉRMENES "ESCRUPULOSAMENTE" COAS NOSAS LUPAS, non vaia ser que estén vivos












QUE PASA AO MESTURAR BICARBONATO E VINAGRE?

No segundo experimento utilizamos bicarbonato e fomos botándolle vinagre coas pipetas. Mirade o que pasou...







Tamén probamos poñéndolle cores ao vinagre e así observamos mellor a reacción que tiñan xuntos. Primeiro puxemos vinagre e pintura...pero non se mesturaron: o vinagre "rompeu" a pintura en anacos. Mesturamos a pintura con un pouco de auga e disolveuse moi ben, logo engadimos o vinagre.













E, na segunda parte......facemos unha pócema de bruxas e facemos a nosa propia neve!!!

Comentarios