SEMANA DA CIENCIA. TERCEIRA PARTE

Continuamos con experimentos moi interesantes e emocionantes.

Esta semana coñecimos algunhas reaccións dos globos. Probamos a electricidade estática frotando un globo contra roupa e logo acercándoo ao noso cabelo....quedaba de punta e parecía que se movía só.

Tamén conseguimos pinchar un globo con un pincho de madeira, pero sen que reventara. Probamos como 10 veces, e, por suposto reventáromos 10 globos. Pero ao final...lográmolo.  Ten truquiño!!

Pero, sen dúbida, o que máis nos encantou foron os imáns. Probamos con moitos materiais da aula: chinchetas, clips, culleres, torcas, muelles, moedas, patas das sillas e das mesas, madeira, plástico, chapas de botellas, axóuxeres...

Primeiro experimentamos libremente por grupiños e logo preparamos as nosas canas de pescar con un imán máis potente. Quedamos abraiados da potencia de atracción que tiñan estes imáns e fixemos carreiras de pesca con imáns...





Mirade os vídeos  de algúns momentos dos experimentos con imáns







Comentarios