SEMANA DA CIENCIA. SEGUNDA PARTE

Seguimos experimentando na Semana da Ciencia.


FABRICAMOS NEVE

Como xa chega o Nadal necesitábamos neve para a nova mesa sensorial de Nadal e inverno.

Póis dito e feito. Con bicarbonato e con escuma de afeitar fixemos a nosa propia neve. Manchámonos bastante, xa que a escuma pégase moito nas mans...algún case tivo a tentación de chupala porque se parece moito á nata montada. Tentamos poñer luvas para non mancharnos tanto, pero as mans dos peques son moi pequenas e non había maneira de poñelos ben...así que a mancharse. Tamén tiñamos a Malik moi disposto co trapiño limpando todo o que se manchaba. 

E, como os científicos de verdade, gafas de protección!! 

Mirade que guapiños.
























PÓCEMA DAS BRUXAS

E xa para rematar a primeira xornada de experimentos, mesturamos nun botiño auga con colorante verde e con vinagre. Despois fomos botando culleradiñas de bicarbonato e....parecía unha pócema de bruxas, mirade o que pasou coa mestura e a reacción dos peques!!!  






Na seguinte parte....experimentos con globos e de flotación.

Que interesante!!

Comentarios