O mércores 30 de outubro celebramos o Samaín no cole.
Viñemos disfrazados de monstros e personaxes terroríficos e xogamos moito.
Os compis de 4 anos A viñeron á nosa clase e fixemos xuntos unha tremenda merendola, compartimos xogos e experimentamos con cousas moi pringosas.
MERENDOLA TERRORÍFICAMENTE EXQUISITA!!!
CARTA

XOGOS SENSORIAIS DE SAMAÍN
Xogamos con 2 bandexas tuff con spaguetis e xelatina, todo cheo de bichos (arañas, cucarachas, escolopendras, morcegos), unha bandexa de arroz de cores e outra con pasta para pesar na báscula, outra con dedos de bruxa para pintarlles as unllas e poñerlles aneis e xogos de contar, pegar pompóns, etc.
E, PARA REMATAR, SAÍMOS AO AREEIRO...
UN DÍA COMPLETIÑO!!
Así rematamos o Samaín. En 15 días ven o Magosto.
Vémonos pronto
Estos niños se lo pasaron de miedo!!
ResponderEliminar